Sete integrantes do CPA Gondomar ascenden a primeira categoría

Esta fin de semana tivo lugar no Pavillón da Marisma en Redondela o Campionato de preselección provincial libre das categorías de infantil, alevín e benxamín de patinaxe artística sobre rodas, conseguindo o Club de Patinaxe Artística Gondomar practicamente a totalidade de ascensos a primeira categoría dos presentados, clasificándose así Juan Rodrigo Costas, Xiana Fernández, María Moldes, Lena Castro, Leire Rocha, Lola Álvarez e Carla Gilsanz.

Tras un ano de pandemia engadíndolle a dificultade de non poder dispoñer do seu pavillón habitual de adestro, as patinadoras de David Figueroa conseguen os primeiros postos nas súas categorías alcanzando as maiores puntuacións tanto en masculino, como en feminino. Demostrando cos seus programas curtos neste campionato o seu ascenso na disciplina deportiva de patinaxe artística sobre rodas mostrando o seu deslizamento con figuras, saltos e piruetas entre outros exercicios técnicos necesarios para a súa clasificación.