O Monte Real Club de Yates de Baiona, primeiro líder da Regata da Muller

FOTO: MARÍA MUIÑA // 1ª Regata de la Mujer, Centro Galego de Vela Vilagarcía 2021

A Regata da Muller, organizada pola Real Federación Galega de Vela e apoiada pola Xunta, comezou con liderado provisional da tripulación do Monte Real Club de Yates de Baiona (dous primeiros postos nas regatas dúas e catro do día, máis un segundo e un terceiro) e moita rasca na ría de Arousa. De feito, dous barcos tiveron problemas: o do Real Club Náutico de Vigo, coa dobre campioa do mundo de Vaurien Alejandra Suárez á cana, rompía o temón na primeira manga e xa non volvería competir; o barco que representaba ao Vertigo Sailing de Punta Lagoa enganchábase nunha baliza e quedaba co rizón, asinando un dobre DNF nas dúas regatas iniciais e dous quintos postos despois. Houbo picos de 28 nós -baixou a 15 nas dúas últimas regatas-, con vento do 40 e un día “moi duro” para as tripulacións, segundo explicou a organización.

Pero o campionato foi un éxito. Catro regatas, vitorias parciais do Monte Real (Marta Lino, Cristina González, Rita Hernández e María Campos), dúas, e outras dúas do Real Club de Mar de Aguete (Claudia Sobral, Paula Fernández, Teresa González e Alejandra Peleteiro), outras dúas, que prometen unha pelexa igualada no que dure esta fase autonómica da Liga Feminina. Con tripulacións de catro regatistas en cada Elliott 6M, pecha a primeira xornada como líder o barco de Baiona (4 puntos), con Aguete igualado (4) e as regatistas do Real Club Náutico de Coruña en terceira posición. Á final nacional de xuño, tamén en Vilagarcía, só irá o campión.

As seguintes citas, o 24 de abril e o 8 e 22 de maio.