
Anselmo, o que fora carteiro de “Luar”, interpretado por Luís Zahera, está de volta para percorrer Galicia cada sábado, visitando os lugares e veciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, uns destinatarios moi especiais que teñen moito que contar da nosa terra. Os segredos de Baiona, vila cunha enorme importancia histórica, xa que foi onde desembarcou en marzo de 1493 Martín Alonso Pinzón cando volveu da súa viaxe do descubrimento de América, estarán ao descuberto no programa “Sen código postal” que se emitirá este sábado, día 20 de marzo, ás 18:15 horas na Televisión de Galicia. Para falar de todo este legado histórico, Anselmo atoparase co historiador local Anxo Rodríguez.