Concurso de fotografía da Asociación Cultural e Social de Baíña

FOTO: PEPE COSTAS // Senda fluvial de Baíña.

A Asociación Cultural e Social de Baíña e a páxina Baíña na Rede convocan un concurso de fotografía por internet. Os interesados en participar debe enviar a súa fotografía de Baíña antes do 30 de marzo e participarán no sorteo de dúas tazas de Baíña na Rede coa colaboración de Fotografía V/S Baiona. Con todas as fotografías farase unha exposición a partir do mes de abril.

O concurso divídese en tres modalidades: fotografía actual da parroquia con tema libre (natureza, paisaxe, xente, etc.); fotografía antiga de calquera motivo relativo á parroquia; e composicións (foto dun lugar no pasado e foto actual). As fotografías hai que envialas ao correo bainarede@gmail.com co nome e apelidos e título da fotografía.

As fotografías serán avaliadas por un xurado técnico que valorará a creatividade e a técnica.