Nove medallas para o Club de Loita Sabarís na Copa Galicia

O Club de Loita Sabarís participou esta fin de semana na Copa Galicia, torneo no que participaron seis deportistas do Val Miñor, catro de Baiona e dous de Nigrán. Juan López, adestrador do Club de Loita, recoñece que despois dun ano de pandemia e nas condicións difíciles para a práctica dos deportes de combate, os loitadores do Val Miñor conseguiron un total de nove medallas.

Na categoría escolar, Donís Fernández e Pedro Fernández participaron na categoría de 45 kg, conseguindo a medalla de prata e bronce. En cadete, Anxo Lomba fíxose co ouro en 45 kg, Lois Cabreira co bronce en 71 kg e Jesús Focao con outro bronce en 91 kg.

Doutra banda, os deportistas bolseiros no Centro Galego de Tecnificación: Cristian Suárez fíxose con dúas medallas de ouro en 79 kg libre olímpica e bronce en 77 kg loita grecorromana. David González logrou a medalla de prata en 61 kg loita libre olímpica e o ouro en 63 kg loita grecorromana.

Este torneo organizado pola Federación Galega de Loita servirá para a preparación dos Campionatos de España, que se celebrarán en Santiago o próximo día 27 de marzo. “Como adestrador síntome moi orgulloso dos deportistas, creo que fixeron unha gran competición”, destacou Juan López.