A baionesa Ainhoa Reparaz proclámase campioa de España Sub18

Esta fin de semana Barcelona acolle o XLIII Campionato de España Sub18 en Pista Cuberta, no Palau Sant Jordi de Montjuïc, antiga sede das Olimpíadas de 1992. Este lugar que xa figura na Historia do Deporte segue inspirando aos atletas para superar os seus límites, como fixo onte a baionesa Ainhoa Reparaz, proclamándose campioa de España Sub18 en 200 metros. A velocista da Sociedade Atlética Val Miñor logrou a medalla de ouro cunha marca de 24.78, novo record galego. “Parabéns para ela, a súa familia e o seu adestrador Óscar, que a acompañan día a día na que promete ser unha longa historia de éxitos”, sinalan desde o club.