Sin categoría

Baiona expón as bases das axudas á hostalería e comercio

O Concello de Baiona informa que no taboleiro de anuncios do Concello así coma da Sede Electrónica estarán expostas as bases de axuda por mor da COVID-19 á hostalaría e comercio durante dez días dende o 9 de marzo. Unha vez rematado o período de exposición e atendidas todas as alegacións presentadas no rexistro, as bases serán levadas a aprobación no pleno que se celebrará no mes de abril.