Cerca de 200 vecinas de Gondomar protagonizan el vídeo conmemorativo del 8M

Bajo el lema “Xuntas somos máis fortes” el Ayuntamiento de Gondomar, a través de su Concejalía de Igualdad, conmemora la celebración del 8 M con un vídeo editado para la ocasión, en el que más de 200 vecinas y trabajadoras del municipio prestan su imagen para reivindicar la consecución de la igualdad real entre hombres y mujeres en nuestra sociedad.

Su imagen se acompaña de la lectura de frases de luchadoras históricas por estos derechos, leídas por trabajadoras del departamento de Igualdad, y el sonido del aria “Sempre libera” de la ópera “La Traviata”. Un vídeo que se compartirá en las redes sociales del Ayuntamiento y que se sumó a la lectura del manifiesto institucional a partir de las 12 del mediodía y la localización del punto de igualdad en la Praza da Paradela.

MANIFESTO DO 8 DE MARZO DE 2021

8 de marzo de 1857, aí situamos a orixe do día internacional da muller traballadora. As súas protagonistas non celebraban a xornada. Miles delas saían á rúa desde unha fábrica de téxtiles de Nova York para protestar polos soldos baixos que percibían -menos da metade que o que cobraban os homes- e as pésimas condicións nas que traballaban. Unha manifestación na que morreron 120 mulleres.

Non sería ata o ano 1910 cando se proclamase a data de forma oficial como o Día Internacional da muller, proposta aprobada co voto de máis de 100 mulleres pertencentes a 17 países distintos, entre os que se atopaban as primeiras tres mulleres elixidas ao parlamento de Finlandia.

Desde aí ata o de agora déronse pasos. Non por poucas, se non por moitas mulleres que a historia foi silenciando. Primeiro pasos tímidos, que na maior parte das ocasións relegaban a aquelas que os daban ao illamento social. Aínda así elas seguiron avanzando, seguiron reclamando os seus dereitos e o seu lugar na sociedade, en igualdade de condicións que os homes, aínda que iso fose unha meta difícil de alcanzar.

Aí están os seus nomes, algunhas delas representadas hoxe nos bosquexos, realizados pola gondomareña, Clara Rey Barona, e que locen en distintos puntos do noso municipio. Elas son Maruja Mallo, Isabel Zendal, Rosalía de Castro, María Casares, ou Emilia Pardo Bazán, ás que se suman as que manteñen viva a súa loita como nosa internacional Vero Boquete, Aida Fernández Ríos, Ana Peleteiro, ou Emma Ríos… e máis próximas as valentes que hai 50 anos decidiron formar o Equipo feminino do Gondomar Fútbol club, pioneiras, ás que este 8 M de 2021 sumáronse mulleres anónimas, veciñas de Gondomar, que participaron no vídeo co quixemos celebrar esta data, e lembrar que a consecución da igualdade necesita da unión para seguir avanzando.

Sen dúbida o 2021 vén marcado pola pandemia da covid19, unha enfermidade que paralizou o mundo e as nosas vidas durante un ano e que levou ás Nacións Unidas a elixir para este 8 M o lema “Por un futuro igualitario no mundo da COvid19” porque a crise evidenciou a importancia das mulleres e a súa contribución -moitas delas na primeira fila- na loita contra a enfermidade, pero tamén mostrou con claridade a desproporción de cargas que soportan.

Por diante, tempos difíciles. A crise sanitaria dará paso á económica e social na que as primeiras cifras evidencian xa que conlevarán un aumento nas diferenzas de xénero no mercado laboral, como pode ser que creza a brecha salarial xa existente, a taxa de paro feminino se amplíe ou aumente o traballo non remunerado do sector dos coidados.

É a nosa obriga como sociedade e como administración impedir que isto ocorra e poñer en marcha as políticas e os medios necesarios para evitar que a pandemia vivida e as súas consecuencias freen os logros alcanzados ata o de agora, aínda moi afastados da igualdade real que reclamamos para o 50 por cento da poboación.

Como administracións debemos apostar por políticas dirixidas a pechar moitas brechas aínda pendentes como a laboral ou salarial; a dixital ou a da corresponsabilidade. Debemos seguir poñendo en marcha iniciativas e leis dirixidas a loitar contra a pobreza infantil e a de moitas mulleres e nenas, iniciativas, en definitiva, que vaian contra todo aquilo que supón un ataque frontal aos dereitos femininos.

Son moitos os estudos, as cifras e enquisas que confirman, sen ningún tipo de dúbida, que a desigualdade entre homes e mulleres é unha realidade aínda moi presente na nosa sociedade. Non as imos a repetir aquí. Si faremos fincapé en que a brecha salarial existe, é unha evidencia. Que as mulleres sofren violencia machista polo simple feito de selo e non podemos ceder, neste caso nin un milímetro, ás falsidades de movementos reaccionarios cuxo obxectivo é eliminar o logrado ata o de agora por toda a sociedade e frear calquera avance en igualdade de xénero. Non teñen cabida.

Como tampouco a teñen os teitos de cristal ou chans de chicle que impiden ás mulleres acceder aos postos de responsabilidade, como proba o feito de que segue sendo noticia o feito de que algunha o logre. Debemos avogar e promover políticas que desterren, dunha vez por todas, a necesidade de xustificarse aquelas mulleres que non queren ser nais, ou que, pola contra, véxanse obrigadas a elixir entre o traballo ou a conciliación se deciden selo.

Un compromiso pola loita da igualdade que debe ser colectivo e no que como persoas, como homes e mulleres, todos debemos implicarnos. Apostando por sensibilizar ás novas xeracións sobre a necesidade de desterrar as desigualdades contra as que as mulleres levan anos loitando porque non tiñan razón de ser entón e menos agora. Por iso, unha vez máis, así o queiramos evidenciar neste Día Internacional da Muller Traballadora.

Unha conmemoración que non podemos pechar sen lembrar un dereito que no noso país logrou e defendeu unha muller: o voto feminino. Cúmprense 90 anos desta conquista que tan ben defendeu Clara Campoamor, un voto que agora nos parece algo habitual e normal pero non esquezamos que, como outros tantos dereitos, son miles as mulleres que non poden exercelo libremente no mundo. Por elas, polas aquí presentes, por unha sociedade igualitaria entre homes e mulleres poñeremos o punto e final a este manifesto coas palabras de Clara Campoamor: “Só aquel que non considere á muller un ser humano é capaz de afirmar que todos os dereitos do home e cidadán non deban ser os mesmo para a muller que para a home”.

Gondomar 08 de marzo de 2021

Xuntas somos máis fortes

🎥 VIDEO: Baixo o lema “Xuntas somos máis fortes” o Concello de Gondomar conmemora a celebración do 8M.

Publicado por Valmiñor TV en Lunes, 8 de marzo de 2021