Sin categoría

Podemos Gondomar reactiva o seu Círculo

O Círculo de Podemos Gondomar comeza unha nova andaina, a iniciativa de antigos membros e con recentes incorporacións. Nesta nova etapa conta ademais co apoio do Consello Coordinador Provincial e Autonómico. Este novo proxecto ten como principal obxectivo a defensa dos dereitos e liberdades dos gondomareños e gondomareñas, “que non están debidamente garantidos polas accións e políticas locais do actual goberno.

“Mostra desa desidia e nulo compromiso coa veciñanza de Gondomar por parte do goberno local é a falta de actualización e exposición pública da información municipal, de xeito accesible á cidadanía, sobre todo no referente ás contratacións, subvencións, propostas de emprego, etc… que a día de hoxe non consta nin na páxina web do concello nin nas webs habilitadas tanto estatal como autonómica ao respecto dos contratos do sector público e as súas licitacións. Cabe aquí recordar que o grupo de goberno está incumprindo co recollido na Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, pois en ningún caso se está a reforzar nin incrementar a transparencia da actividade pública articulada a través de obrigacións de publicidade activa do concello, non se está a garantir o acceso á información regulado como un dereito nin se están a establecer as obrigas de bo goberno”, afirman.

Lémbralle ao Goberno Municipal que de acordo ao disposto na disposición final novena do Real-Decreto Lei 28/2020, do 22 de setembro, que modifica á disposición sétima da Lei 39/2015 que as previsións relativas ao rexistro electrónico de apoderamentos, rexistro electrónico, rexistro de empregados públicos habilitados, punto de acceso xeral electrónico de calquera administración, incluído o Concello de Gondomar, e o arquivo único electrónico producirá efectos plenos a partir do 2 de abril deste ano. Isto obriga ao Concello de Gondomar a ter habilitado o portal de transparencia na web do Concello a partir desa data.