Gondomar dota dunha mellor iluminación a zona de As Cercas

O Concello de Gondomar vén de actuar nas inmediacións do parque de As Cercas, espazo empregado habitualmente por deportistas ou para pasear durante as tardes. Para garantir a maior seguridade para os usuarios dotouse dunha mellor iluminación toda a zona, ao que se sumou tamén a plantación de dez novas árbores da especie de arce xaponés palemetado (Acer palmatun “Corallinum”), unha árbore pequena que alcanza alturas de 6-10 metros, moi decorativa polas súas follas vermello púrpura transparentes na primavera, máis tenues no verán e violáceas no outono.