A Garda Civil reparte chalecos reflectores aos peóns

Os compoñentes das diversas Unidades do Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia reparten chalecos reflectores entre os peóns. Esta iniciativa levada a cabo no transcurso diario dos seus servizos, enmárcase no labor constante da Garda Civil en aras da mellora da seguridade viaria e a redución de vítimas nas vías da Comunidade.

Cabe lembrar que a distancia á que un condutor detecta a presenza dun peón é de 20 metros en caso de circular sen esta peza, aumentando aos 150 metros cando circula facendo uso dela, aumentando en 130 metros a marxe de reacción dos demais usuarios da vía.

A Garda Civil lembra que o uso desta peza é obrigatorio tanto para os peóns carrexando unha sanción de 80 euros en caso de circular sen ela como para os condutores, carrexando unha sanción de 200 euros e 3 puntos en caso de baixar do vehículo sen ela posta.