Localizada de madrugada a menor desaparecida en Gondomar

A Policía Local de Gondomar tiña coñecemento da desaparición dunha menor de 14 anos, veciña da localidade, pola denuncia do seu pai na tarde de onte. De seguido, activouse un servizo conxunto para a súa busca, onde interviñeron de xeito coordinado efectivos de Garda Civil de Gondomar e Baiona, así como as policías locais da comarca en unión da Policía Local de Vigo e Vilagarcía de Arousa, onde figuraba residindo o seu acompañante. Finalmente a rapaza foi localizada en Vigo sobre as 2:00 horas da madrugada. Alí desprazouse a súa familia para facerse cargo. Tratouse dunha desaparición voluntaria polo que o asunto quedará reducido ao ámbito de Fiscalía de Menores e Servizos Sociais.