Búscase a unha menor desaparecida en Gondomar

SOS Desaparecidos informa que se busca a Zaire Martínez Poveda, unha menor de 14 anos desaparecida este xoves día 25 de febreiro en Gondomar. Mide 1,70 metros de altura, é de complexión delgada, ten o pelo castaño e longo e ollos marróns. Todo aquel que poida ter calquera información pode contactar coa Garda Civil (062), a Policía Nacional (091), Emerxencias (112) ou nos teléfonos 642650775 ou 649952957.