Nigrán organiza unha excursión para maiores á Festa do Lacón con Grelos de Cuntis

O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade e no marco do Entroido, organiza o domingo 1 de marzo e por terceiro ano consecutivo unha excursión á XXIII Festa do Lacón con Grelos de Cuntis. O prazo para anotarse comeza este mércores 19 de febreiro e remata o venres 21, seguíndose un rigoroso orde de inscrición para cubrir as prazas (só se permite anotar a un máximo de 2 persoas por solicitante). O prezo é de 15 € e inclúe transporte e xantar. A hora prevista de saída é ás 9:30 dende o Concello e de regreso as 19:00 horas. A festa está declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia e combina a degustación gastronómica nunha carpa con actuacións musicais, celebracións do Entroido e diversas actividades lúdico-culturais que atraen cada ano a miles de persoas.