Unha doutora e unha enfermeira, testemuñas no enlace dun paciente oncolóxico celebrado en Povisa

O hospital Povisa acolleu este xoves o emotivo enlace entre María Luz Landesa e Pedro Peláez, un paciente ingresado con cancro de pulmón. O matrimonio foi oficiado por vía telemática por unha maxistrada e interviñeron como testemuñas a oncóloga Lucía Santomé e a enfermeira Alejandra Román.

A directora de Enfermería, Cristina Serra, en representación da Dirección, obsequiou á parella cun ramo de flores. O hospital tamén achegou á sinxela cerimonia uns globos e unha pequena torta.