Nigrán celebra o Día Mundial da Xustiza Social cun faladoiro online este xoves

O Concello de Nigrán, a través do grupo de traballo sobre discapacidade “Un Nigrán para todos”, celebrará finalmente este xoves 25 ás 19:30 horas o Día Mundial da Xustiza Social cuxa efeméride foi o sábado 20 cun faladoiro online dirixido a abordar esta cuestión desde todos os seus ángulos. Os interesados en asistir telemáticamente poderán seguila en Youtube nesta ligazón (canal de “Un Nigrán para todos”).

Neste encontro virtual participarán expertos en ámbitos moi diversos para afondar nun tema que comprende desde o mundo da educación, ao deporte, o traballo, a linguaxe, a sanidade… Así, entre os conferenciantes estará o deportista Nacho Fernández, o arquitecto Alfonso Correa, o profesor de Dereito Jacinto Lareo, o experto en dereito enerxético Koldo Martín…

A celebración do Día Mundial da Xustiza Social busca erradicar a pobreza e promover o emprego pleno e o traballo digno, a igualdade entre os sexos e o acceso ao benestar social e a xustiza para todos. As persoas con discapacidade subliñan neste día o seu dereito a ser iguais en oportunidades e en exercer a súa liberdade e capacidade de empoderamento. “Todos debemos contribuír á erradicación da pobreza, a que exista unha igualdade de xénero, a promover oportunidades de emprego e desenvolvemento a toda a poboación e, en definitiva, a xerar unha sociedade de benestar pacífica e que respecte os dereitos de todos os seres humanos”, resume Juan González, alcalde de Nigrán e quen abrirá a xornada do sábado.