Hoxe ACEBA pon en marcha para os seus asociados a Campaña San Valentín 2021 “Xuntos incluso na distancia”, que se realizará desde o día 10 ao 14 de febreiro, ambos os dous incluídos. Os establecementos asociados que participan na campaña están identificados cos carteis da mesma.
Este ano, nas circunstancias actuais, quixeron facer unha campaña que pivotase sobre dous elementos. Por unha banda, a diversidade e as distintas formas de amar, non só para que o que teña parella, se non para o que ame a alguén con paixón (o amor de parella, o amor fraternal, o amor da familia, o amor aos animais…) pero que ante todo iso fixese visible a importancia de poder seguir estando xuntos, mesmo na distancia. Doutra banda, manterse a salvo do Covid e protexer aos que máis queremos que é a mellor mostra de amor que podemos ter para a nosa parella, hoxe e sempre.
Para participar no sorteo, os clientes terán que realizar as súas compras en calquera dos establecementos asociados de ACEBA cun importe mínimo de 10€. Unha vez obteñan o ticket da transacción, deberán sacarlle unha foto e enviala vía WhatsApp ao teléfono indicado nos carteis da campaña (poden facelo engadindo un novo contacto ou ben a través do código QR). Deste xeito, poderán gañar vales de compra de 20€, 50€, 100€ e 300€ para utilizar nos comercios que pertencen á Asociación.
En resumo, a forma de participar será a seguinte:
- Realizar unha compra mínima de 10€ en calquera dos establecementos asociados a ACEBA.
- Pedir no comercio o ticket da transacción realizada.
- Sacar unha foto do ticket e enviala vía WhatsApp ao teléfono 686 184 561.
- Serán válidos os tickets recibidos entre o 10 e o 14 de febreiro polas compras nese mesmo período e que fosen enviados ao móbil de ACEBA 686 184 561.
O sorteo realizarase o día 15 de febreiro, e o día 16 de febreiro será publicada a listaxe de gañadores.


