
O pasado 3 de febreiro tivo lugar a firma do acordo entre a Consellería de Sanidade e o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra para a posta en marcha dun programa de cribado poboacional na provincia de Pontevedra, cuxo obxectivo é identificar a existencia de COVID-19 en persoas asintomáticas, coa colaboración das farmacias, mediante a análise dunha mostra de saliva por PCR aplicando a técnica de pooling.
Será o farmacéutico quen indique a proba á poboación diana, que debe cumprir os seguintes criterios:
• Ter tarxeta sanitaria Sergas
• Dispoñer dun teléfono móbil onde recibir o resultado da proba
• Non ter un resultado positivo en COVID-19 nos últimos 3 meses
• Non ser paciente paliativo ou inmobilizado
• Non traballar ou residir nunha residencia para persoas maiores ou persoas con discapacidade
• Non ser contacto de seguimento COVID-19
• Non facer unha PCR nos últimos 15 días
Ademais, para participar neste programa, a persoa non debe ter síntomas compatibles coa infección ocasionada por COVID-19. No caso de que os presente o farmacéutico deberá derivala ao seu centro de saúde para que lle soliciten unha PCR con mostra nasofarínxea canto antes.
O “Programa para a detección do virus SARS-CoV-2 na cidadanía da provincia de Pontevedra a través das oficinas de farmacia e mediante a auto recollida dunha mostra de saliva” iniciarase na poboación comprendida entre 40 e 64 anos e poderá estenderse a outros rangos de idade dependendo da situación epidemiolóxica.
Ata o momento adheríronse ao programa 345 farmacias da provincia de Pontevedra, cuxos farmacéuticos empezarán a próxima semana a indicar a proba e a facilitar o material e a información necesarios para a autorecollida de mostra de saliva ás persoas que cumpran os criterios establecidos pola Consellería de Sanidade.
Baiona | Loperena de Saa, Cristina | Avenida Monterreal, 2 | 986355801 |
Baiona | Sánchez Otaegui, Ignacio | Calle Carabela la Pinta, 13 | 986385252 |
Baiona | Martínez Vázquez, Mª José | Rúa Sta. Marta, 26-Urb. O Vidro. Bloq.1-Local 2 | 986358411 |
Baiona | Loperena de Saa, Mª Pilar | Avenida J. Valverde, 10 – Sabaris | 986350808 |
Gondomar | Abizanda Losada, Mariana | Avenida de la Feria, 8 | 986389042 |
Gondomar | Núñez Gestal, Mª Concepción | Avenida del Conde, 22 | 986360002 |
Gondomar | J. Cividanes – R. Alonso C.B. | Calle Telleiro, 9 – Donas | 986354954 |
Gondomar | Castelo Zamorano, Ignacio | Calle S. Miguel Peitieiros – Fonte | 986389066 |
Nigrán | Alén de la Torre, Mª Teresa | Plaza Jesús Espinosa, 7 – Panxón | 986368046 |
Nigrán | Nájera Sotorrío, Mª Gloria Cándida | Rúa do Mariñeiro, 3 – Panxón | 986365894 |
Nigrán | Vives Hermida, Susana Mª | Calle Rans, 31 – Playa América | 986353106 |
Nigrán | Nimo Sotelo, Sonsoles | Calle Rosalía Castro, 10 – Vilameán | 986365794 |