Gondomar executa traballos nas parroquias para dar mellor servizo aos veciños

Sen pausa segue traballando o goberno municipal de Gondomar para atender as demandas da súa veciñanza, e facilitar e mellorar as condicións de vida nas parroquias do municipio. Neste sentido, na última semana executáronse distintas actuacións. Así por exemplo estívose traballando na restitución do muro que aguantaba parte da estrada de Antime, que se prevé poida quedar totalmente listo esta primeira semana de febreiro.

“A aposta por un servizo de limpeza moderno para Gondomar estivo enriba da mesa dende o principio desta lexislatura, e seguimos traballando, aos poucos, na colocación dos novos colectores – máis dun centenar renovados e distribuídos polas parroquias- en lugares adecuados e seguros para garantir o mellor servizo posible”, destacou o alcalde, Paco Ferreira.

Por último, no Cemiterio de San Cibrán (Donas) mellorouse a iluminación dotándoo de iluminación led, para que quen acuda ao Camposanto poida facelo coas maiores facilidades posibles.