O “miniecopunto” de reciclaxe de residuos electrónicos chega ao Chano Piñeiro

O “miniecopunto»”de reciclaxe de REES (residuos eléctricos e electrónicos) permanecerá durante 15 días instalado no CEIP Chano Piñeiro, tras dar servizo á veciñanza de Mañufe, que puido desfacerse dos seus residuos nestes días no Centro Cultural da parroquia.

Quenda de novo para un centro educativo do municipio, promovendo así un dos obxectivos do departamento de Medio Ambiente: achegarse á poboación máis nova e concienciala da necesidade de reutilizar e reciclar os aparellos electrónicos (móbiles, tablets, cargadores, etc) que desbotan.

Este miniecopunto enmárcase dentro do proxecto Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión de Residuos e Aparellos Electrónicos (ESTRAEE), promovida pola Deputación Provincial e á que se adscribiu o Concello de Gondomar.