Gondomar suspende o mercado semanal

O Concello de Gondomar suspenderá a celebración do mercado de venta ambulante semanal ata novo aviso, seguindo as indicacións que marca a Xunta de Galicia para frear a curva ascendente da terceira onda da pandemia e ante o incremento de contaxios da Covid19 que se están a rexistrar na comunidade galega.