As Forzas e Corpos de Seguridade incrementarán os controis no Val Miñor

FOTO: PABLO F. ESTÉVEZ // Control na Ramallosa.

Os comandantes dos Postos de Garda Civil, xunto cos Xefes de Policía Local dos municipios do Val Miñor, reunidos esta mañá na Xefatura de Gondomar, estableceron as novas directrices de colaboración e coordinación nas medidas de control anti COVID-19. Deste xeito, incrementarán notablemente os controis coordinados e conxuntos, de día e de noite, nos puntos estratéxicos da comarca, para evitar a mobilidade non xustificada e loitar contra a expansión da pandemia. “Precisamos e solicitamos a colaboración da veciñanza”, recordan.