O Centro Cultural de Mañufe acolle o “miniecopunto” de reciclaxe

O “miniecopunto” de reciclaxe de REES (residuos eléctricos e electrónicos) permanece no Centro Cultural de Mañufe para facilitar á veciñanza un lugar onde depositar os aparellos electrónicos (móbiles, tablets, cargadores, etc) dos que se queiran desfacer. O obxectivo é concienciar e sensibilizar á poboación na necesidade de reutilizar e reciclar estes aparellos. Este “miniecopunto”, que está a percorrer todas as parroquias de Gondomar, enmárcase dentro do proxecto Estratexia Sostible Transfronteriza para a Xestión de Residuos e Aparellos Electrónicos (ESTRAEE), promovida pola Deputación Provncial e á que se adscribiu o Concello.