O alcalde de Gondomar reúnese co equipo redactor do PXOM

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a concelleira de Urbanismo, Iria Lamas, reuníronse este xoves co responsable do equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Gondomar, Alfonso Botana, para analizar as pequenas correccións que hai que introducir no documento, segundo o Informe de Avaliación Mediambiental remitido pola Xunta de Galicia. O rexedor móstrase satisfeito porque se trata de “cuestións menores” que se solventarán sen problema e afirma que “non nos desvía da nosa folla de ruta de aprobar inicialmente o plan tras o verán”.