Sergio Ramilo súmase ao proxecto do Gondomar CF

O atacante de 19 anos Sergio Ramilo Moreno, afincado en Porriño, convértese na quinta fichaxe do equipo de Víctor Santos. Formado no Atios, Santa Mariña, Pontellas e Porriño Industrial, recala no Gondomar CF tras rematar unha sobresaínte etapa xuvenil.

Agora, co obxectivo de volver a primeira, destacou que “apostei polo Gondomar para poder lograr o obxectivo que se propuxo este Club, que se sen dúbida que con esforzo do equipo e a axuda do equipo técnico, lograrase o obxectivo. A pesar de que o que máis me chame a atención sexa o proxecto en mente do Club, tamén me chamou bastante a atención a instalación deportiva. Querería enviarlle unha mensaxe á afección, dando as grazas ao Club por apostar en min e que oxalá desde o principio tráialles alegrías en cada partido”.

Anuncios