Abril, primeira bebé que naceu no Álvaro Cunqueiro no novo ano

Abril é o nome da primeira bebé que naceu no Hospital Álvaro Cunqueiro no ano que vimos de estrear. Naceu ás 1:51 horas do día 1 de xaneiro e pesou 3,100 quilos. Tanto a nai como a súa filla atópanse en bo estado e permanecen ingresadas na planta de Obstetricia do complexo hospitalario.

Os proxenitores, Verónica e David, residen na parroquia viguesa de Sampaio, en Lavadores. Abril é a primeira filla da parella. O hospital agasallou á pequena con un “body” co logotipo do Álvaro Cunqueiro e cun equipamento doado polo RC Celta.