III Xuntanza dos Arroases do Val Miñor en Panxón

Os Arroases do Val Miñor despediron este sábado o ano deportivo coa súa terceira xuntanza, que se celebrou en Panxón, con saída dende a rampla do porto pesqueiro. O centenar de participantes, que este ano tiveron que inscribirse previamente para un mellor control, recibiron un gorro de natación conmemorativo do evento e unha máscara de protección sanitaria, grazas á colaboración do Concello de Nigrán.

O percorrido foi totalmente costeiro, dende o principio de Panxón ata as canchas de tenis de Gaifar e volta. En total, 1.500 metros, nos que estiveron escoltados por embarcacións lixeiras do Club Marítimo de Panxón, que un ano máis colaborou coa Xuntanza. Por protocolos Covid non puideron desfrutar dos petiscos cos que o club lles agasallaba habitualmente.

Para que todos os participantes se sentiran arroupados, fixéronse tres grupos de velocidade para nadar de maneira máis ou menos compacta e sempre detrás da cabeza do grupo.

Ademais, como cada ano, tratouse dunha nadada solidaria, xa que os asistentes achegaron alimentos non perecedoiros que foron recollidos polo propio alcalde, Juan González, nas inmediacións do porto pesqueiro, e que serán distribuídos polos Servizos Sociais do Concello de Nigrán.

III Xuntanza dos Arroases do Val Miñor en Panxón

🎥 VIDEO: III Xuntanza dos Arroases do Val Miñor en Panxón.

Publicado por Valmiñor TV en Sábado, 26 de diciembre de 2020

El pase de diapositivas requiere JavaScript.