Lugove inicia este mércores o novo servizo de autobús entre o Val Miñor e Vigo

Lugove comezará este mércores, 23 de decembro, a prestar o servizo público de transporte regular de viaxeiros entre Baiona, Gondomar e Nigrán e Vigo. A Xunta de Galicia adxudicou o contrato de concesión de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada, correspondente á “Comarca do Baixo Miño e sur da Comarca de Vigo”, a esta UTE integrada polas empresas Asistencia Técnica Maturo, SL, Empresa Raúl SA, Autocares Fadista SLU, Subús Grupo de Transporte SLU, Secc. Automóvil SA e Autobuses del Triángulo SL. O prazo de execución do contrato será de 10 anos contados a partir da data de inicio da prestación do servizo. O prazo de duración do contrato poderá prorrogarse ata un máximo de 2 anos adicionais. Na súa páxina web pódense consultar xa as diferentes rutas e horarios.