Sin categoría

Nigrán ofrece mañá o concerto de D’Líder na Praza do Concello

O Concello de Nigrán ofrece mañá mércores 23 ás 19:00 horas na Praza do Concello o concerto de D’Líder e, en caso de choiva, será no Auditorio Municipal. O grupo de Nigrán ofrecerá un espectáculo moi especial adaptado a estas datas e no que non faltarán grandes éxitos da música.

A programación cultural do Concello está 100% formada por artistas do municipio despois de que abrise unha liña de contratación específica como axuda ao sector. No mesmo lugar será o día 30 o concerto de Backup Souls e en Panxón o grupo de batucada “Latexos” o 26 de decembro.

“É unha programación 100% feita por artistas de Nigrán, centrada sobre todo nos cativos e, como non pode ser doutro xeito, adaptada á realidade sanitaria coas máximas garantías de seguridade”, incide o alcalde, Juan González, quen insiste en que “máis que nunca, trátase de ofrecer algo de alegría nunhas datas con moito contido emocional e, ao mesmo tempo, apoiar ao sector cultural e de ocio do municipio”.