A Xunta concede un dos premios de ESO ao esforzo e superación persoal a un estudante do IES Val Miñor

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // IES Val Miñor.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se conceden os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2019/20. Estes galardóns recoñecen a capacidade de superación de dificultades de 20 alumnas e alumnos que estudaron nese curso 4º de Secundaria, ben sexan de tipo persoal, educativas ou de contorno familiar e sociocultural.

A Xunta destina un total de 15.000 euros para estes premios a razón de 750 euros por cada un dos 20 galardóns que se conceden. A relación de centros con estudantes galardoados é a seguinte:

Provincia Localidade Centro
A Coruña A Coruña CPR Plurilingüe Santa María del Mar
A Coruña A Coruña IES Plurilingüe Rafael Dieste
A Coruña A Coruña CPR Plurilingüe Cristo Rey
A Coruña Betanzos IES Francisco Aguiar
A Coruña Ferrol IES Saturnino Montojo
A Coruña Touro CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz
Ourense Verin IES Xesús Taboada Chivite
Ourense Ourense IES Universidade Laboral
Ourense Ourense CPR Plurilingüe La Purísima (2)
Ourense A Gudiña CPI Plurilingüe Laureano Prieto
Pontevedra Vigo IES Valadares (5)
Pontevedra Vigo IES Álvaro Cunqueiro
Pontevedra Vigo CPR Plurilingüe El Pilar
Pontevedra Nigrán IES Val Miñor
Pontevedra O Porriño CPR Santo Tomás

Cómpre subliñar que o obxectivo final destes galardóns é que os premiados sexan un exemplo para compañeiros e compañeiras en situacións similares, poñendo en valor o especial esforzo que supón acadar o éxito na escola.