Tupana cambia os premios en metálico por alimentos nas súas roscas

FOTO: PABLO F. ESTÉVEZ // Alberto Gándara de Tupana desde o obradoiro con sede en Porto do Molle en Nigrán.

Un ano máis a panadería local Tupana venderá roscas con premio durante este Nadal. Pero a diferenza de 2019, onde o doce podería conter réplicas de billetes trocables de 5, 10, 50 e 100 euros, todos levarán agasallo e non é que o seu propietario, Alberto Gándara, perdese a cabeza, senón que as recompensas irán en forma de alimentos, mediante vales que posteriormente deberán de ser introducidos en urnas que distribuirá polos despachos que o empresario ten instalados nas tres localidades do Val Miñor. A maiores destinará o 5% do recadado na campaña e que xunto aos bonos serán entregados á ONG Cáritas de Gondomar e Baiona así como ao Banco de Alimentos Municipal de Nigrán a través dos Concellos.

Deste xeito a empresa local decidiu dar un xiro a unha tradición que para eles comezou en 2010 como un claro intento de desestacionalizar o consumo dunha sobremesa moi ligada á Pascua, cunha idea diferente para un Nadal inusual marcado pola pandemia. As roscas manterán o seu prezo habitual, 15 euros, e o único que pide o experimentado panadeiro é que os pedidos váianse realizando, na medida do posible, cunha marxe de tempo maior ao habitual debido aos problemas derivados da crise sanitaria, e deste xeito evitar colas e aglomeracións. Aínda que poida soar desatinada tendo en conta que existen catro puntos de recollida, na última tempada do Nadal despachou un milleiro de roscas en menos dun mes e que en total traducíronse en 5.000 euros en premios, pero é que en 2014 chegou a esconder máis dun billete de 500 euros no seu interior.

Co fin de non causar trastornos á súa clientela, Gándara deixará as urnas nos despachos existentes na comarca ata o mes de febreiro para que poidan depositar os vales cando mellor lles veña. Posteriormente entregaraos aos alcaldes, que serán os que lle indiquen as cantidades para doar por municipio. “Estamos a facturar un 10% menos respecto ao 19 pero iso non quere dicir que mañá nos toque”, finaliza.

As roscas pódense adquirir en calquera dos establecementos repartidos pola comarca, en Tupana Tranvía en Gondomar, en Tupana Nigrán, en Tupana Bayona ou en Tupana Obrador, onde se elaboran, situado en Porto do Molle.