Sin categoría

“Gondoilusión, ningunha nena e neno sen agasallo” recada máis de 2.000 euros

A campaña “Gondoilusión, ningunha nena e neno sen agasallo” recadou un total de 2.100 euros que se repartiron en vales de 25 euros, entre familias vulnerables do municipio con pequenos e pequenas, integrantes das familias usuarias do departamento de Benestar Social. Organizada a través da Concellería de Benestar Social en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de San Benito contou coa implicación de veciños anónimos, asociacións culturais e deportivas, establecementos do municipio, e goberno local.

Desde a Concellería agradécese a colaboración e implicación mostrada por todos os que achegaron o seu donativo. En total repartíronse algo máis de medio centenar de vales que se debían trocar en 8 comercios locais, escollidos polas familias para adquirir as súas os agasallos. Ademais co resto da recadación a Asociación de Mulleres Rurais e o departamento Benestar repartiron entre todas as familias paquetes con produtos do Nadal para que tamén os máis novos das casas poidan gozar deles nestas datas.

Desde o departamento de Benestar Social móstranse satisfeitos ao lograr o obxectivo inicial desta campaña que “os máis pequenos poidan vivir da mellor maneira esta nova normalidade imposta polo covid19, buscando que os máis pequenos noten na menor medida posible as repercusións duras que están a ter para moitas familias”.

Por outra banda desde este departamento realizouse a repartición de alimentos especial de Nadal que, tradicionalmente, faise entre os beneficiarios deste servizo. Unha repartición no que se contou unha vez máis cos voluntarios e voluntarias que de forma desinteresada achéganse a botar unha man nas tarefas da repartición aos que “desde o goberno só podemos dar nosa máis sinceras grazas por esa mostra continua de xenerosidade e solidariedade”.

Así mesmo agradécese a implicación de artesáns rosquilleiros, productores locales ou grupos de amigos, plataformas que, tamén de forma desinteresada, achegan alimentos básicos, ou pequenas recadacións para que nunca falten nos andeis deste servizo municipal.