A Garda Civil rescata a unha cabra na AG-57 en Baiona

Efectivos do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño rescataron na tarde deste venres a unha cabra que camiñaba libremente pola AG-57 á altura da parroquia de Baíña, no municipio de Baiona. O aviso de varios usuarios e a rápida intervención da Garda Civil evitaron que se producise un accidente, contando para iso coa colaboración do servizo de mantemento.