Sin categoría

O PSdeG vota en contra da reconstrución do Paseo da Foz

O PSdeG, partido ao que representa o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, no Concello, impide que o Goberno central arranxe o dique do Paseo da Foz votando en contra de que o Executivo de Pedro Sánchez destine unha partida nos orzamentos para 2021 a este fin. Os deputados socialistas pola provincia de Pontevedra, xunto aos de Podemos, dixeron non á emenda presentada polos parlamentarios do PP a instancia do grupo municipal popular de Baiona. Pola contra, si foi apoiada polo BNG e por Ciudadanos (C’s), que coinciden na necesidade “urxente” de repoñer este paseo que leva intransitable desde hai dous anos.

O arranxo deste derrube é unha demanda reiterada do PP que o PSOE foi ignorando ao longo de todo este tempo e, agora, unha vez máis votando en contra de que Baiona conte cunha partida suficiente como para dar solución a un tramo do litoral moi concorrido e que, ademais, polas súas características especiais e únicas está incluído na Rede Natura 2000.

“Unha vez máis, con este voto contrario, o PSdeG antepón os intereses do partido aos baioneses e demostra que nada lle interesan os veciños de Baiona e tampouco ao rexedor, que foi incapaz de explicar aos seus compañeiros de partido a importancia ambiental e cidadá deste Paseo da Foz e a ineludible necesidade de arranxalo antes de que o desastre sexa maior”, opinan os populares.