Falece un home con Covid-19 na Residencia Vila do Conde de Gondomar

Un home de 80 anos de idade que fora diagnosticado por coronavirus faleceu este mércores na Residencia Vila do Conde de Gondomar. Segundo informou a Consellería de Sanidade, tiña patoloxías previas. Con este, xa son 8 os usuarios do centro situado na parroquia de Vilaza os que morreron con Covid-19. Dúas mulleres faleceron no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e outras cinco na propia residencia. O Sergas comunicou hoxe un total de 4 persoas falecidas que foran diagnosticadas por coronavirus. Ademais do caso de Gondomar, morreron tres mulleres, de 89, 74 e 88 anos, as dúas primeras no Chuac e a terceira na residencia San Salvador de Guntín.