A Policía Local de Vigo localiza a unha menor de Baiona desaparecida desde o sábado

Grazas á axuda cidadá, na mañá de onte a Policía Local de Vigo logrou devolver ao seu fogar a unha menor fuxida, finalizando así a angustia da súa proxenitora. Foi vista ás 08:20 horas nun local da rúa Coruña, sendo recoñecida por un cidadán que inmediatamente deu conta do feito telefonicamente. Os Axentes trasladados ao lugar entrevistáronse coa suposta fuxida, procedendo á súa identificación, resultando ser a mencionada J.M.S.D, de Paraguai e 14 anos, domiciliada en Baiona.

Recoñeceu terse fugado o pasado sábado do seu domicilio, estando desde entón deambulando, chegando mesmo a durmir nunha casa abandonada. Verificado ese particular, inmediatamente contactaron coa nai, manifestando esta que se trasladaba ao momento para facerse cargo da súa filla. Aos poucos minutos presentouse no lugar, resultando ser N.V.D.B, de Paraguai e 33 anos de idade, a cal manifestou que a súa filla abandonara o domicilio e desde entón non tiña coñecemento do seu paradoiro.

Tras formular a correspondente denuncia dos feitos na Comandancia da Garda Civil, activouse o operativo de procura e localización. Os Actuantes fixeron entrega da menor, a cal se atopaba en perfecto estado, á súa nai, poñendo os feitos en coñecemento da Garda Civil, mediante informe para desactivación do proceso de procura.