Ouro para a gondomareña Claudia López no Gran Premio PoniClub de España

Claudia López Comesaña, de doce anos e veciña de Gondomar, convertiuse esta fin de semana na campioa de España na categoría C2 no Gran Premio PoniClub, disputado nas instalacións da UCJC Sport Club de Madrid e no que se deron cita os mellores xinetes e amazonas de todo o país.

Un ouro que leva a Claudia, e con ela a Gondomar, ao máis alto do podio co seu cabalo “Dorien Vd Eindhoven”, convertíndose na única que logrou facerse coa vitoria cun recorrido totalmente limpo, sen comenter ningunha falta nos tres días que durou o campionato que, según recollen as revistas especializadas, “foi impecable” no caso desta amazona.

“É un orgullo para Gondomar contar cunha mocidade deportista que leva o nome da nosa vila o máis alto de España. Parabéns Claudia”, comentou o alcalde, Paco Ferreira.