Gondomar dá o pistoletazo de saída a un Nadal “distinto” pero “cheo de ilusión”

Gondomar inaugurou este domingo a iluminación de Nadal do municipio. Finalmente, o acto de aceso, previsto inicialmente na rotonda da Avenida de Elduayen na que está situado a “árbore vermella” que cada ano alúmase con preto de 36.000 leds, trasladouse á carpa instalada na Praza Paradela. O alcalde, Paco Ferreira, foi o encargado de “pulsar o botón” xunto cun grupo de nenos e nenas.

“Este é un ano complicado pero non quere dicir que deixemos de celebrar e de ilusionar aos máis pequenos”, comentou o rexedor ao comezo da súa intervención. “É evidente que ten que ser e vai ser un Nadal feito desde a seguridade, cunhas características propias que o farán inesquecible e espero irrepetible. Esta pandemia non pode nin debe deixar de traer felicidade a todos e a todas os gondomareños e gondomareñas. Este Nadal ten que brillar e cegar ao mundo con luz propia coas luces de Nadal de Gondomar, cheas de maxia e de ilusión, que nos axudará a todos os veciños a ser máis felices”.

“Coa conta atrás que en nada iniciaremos –continuou Ferreira-, tamén comeza o desconto deste ano, marcando sen dúbida na memoria de todos nós, que nos demostrou que desde a unión e a responsabilidade, traballando conxuntamente todo é posible. A pesar das adversidades, de restricións vividas, nunca deixamos de apostar pola cultura, polos máis pequenos. Nunca nos demos por vencidos como sociedade e sempre imperou en todos nós a esperanza, ilusión e maxia que caracterizarán este ano este Nadal”.

Unha programación chea de actividades pensadas para todos, en especial para os máis pequenos da casa. “As luces de Nadal de Gondomar brillarán un ano máis e traerán moitas actividades: teatro, música, danza, maxia, animación… e por suposto eu espero que moita felicidade para todos nós”, concluíu o alcalde, desexando “un ano novo próspero” no que podamos quitarnos dunha vez a máscara e “abrazarnos de novo”.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.