Vida Digna inicia a súa campaña de recollida de xoguetes

A Asociación Vida Digna comezou un ano máis e se cabe este de forma moito máis especial a súa campaña de recollida de xoguetes. Debido ás circunstancias por todos coñecidas vénse obrigados a recoller soamente xoguetes novos, para o que necesitan de colaboración. Nos últimos meses e debido á situación de pandemia, o número de usuarios aumentou de forma exponencial, o cal lles leva a supoñer que o número de nenos e nenas aos cales deberán axudar cos xoguetes tamén se verá multiplicado. Todos aqueles que desexen colaborar por medio da doazón de xoguetes (novos) poden facelo nas súas instalacións de rúa Brasil nº 54 en Vigo ou por medio de doazóns económicas ao número de conta ES87 2100 2301 5402 0018 2047. Ante calquera dúbida ou consulta están dispoñibles os teléfonos 986 417 931 e 622 426 835.