Remata o “Novembro con Taibo”

Este ano de pandemia, alá polo mes de marzo, o Concello de Gondomar e o IEM decidiron non convocar o Premio Victoriano Taibo, pero grazas á xenerosa colaboración dos catorce poetas premiados ao longo destes anos puideron celebrar este “Novembro con Taibo”, que estará difundindo, desde as páxinas do IEM, máis de corenta vídeos coa selecta poesía dos poetas premiadas nas doce convocatorias unida á do noso mestre miñorán, que dá nome ao premio que os uniu á actividade cultural do Instituto.

Os membros do grupo PUGA (Promoción de Uso do Galego), responsables da xestión desta actividade do IEM, queren agradecer o seu eficaz traballo que permitiu que este ano non quedase silenciada a figura de Victoriano Taibo, mestre e poeta que viviu longos anos nestas terras de Val de Miñor.

No tempo desta celebración, do San Martiño ao Santo André, chegou a noticia do pasamento do poeta Xosé Manuel Millán Otero, finalista na décima convocatoria do Premio Victoriano Taibo. É por iso, que para finalizar este evento, quixeron que a lectura homenaxeada de dous dos seus poemas puxeran o remate deste especial “Novembro con Taibo”.

Achegamos os enderezos onde figura toda a información difundida sobre o evento:

https://iem.gal/tag/novembro-con-taibo/

https://www.youtube.com/channel/UCSud-_XZuWKdAQ58BQNsswQ

https://www.facebook.com/institutoestudosminorans/