Anuncios
Ticker de novas

Rocamar recibe por quinto ano consecutivo o Certificado de Excelencia de TripAdvisor

Susana Rodríguez fronte o Restaurante Rocamar, desde onde se divisan as Illas Cíes.

O Restaurante Rocamar obtivo por quinto ano consecutivo o Certificado de Excelencia de TripAdvisor, a maior web de viaxes do mundo. Este galardón recoñece así as valoracións positivas que os comensais realizan do establecemento baionés na devandita páxina, destacando a óptima calidade dos seus mariscos e peixes, o seu impecable servizo e as súas privilexiadas vistas ás Illas Cíes.

“Estamos moi satisfeitos con este premio porque supón un recoñecemento ao noso esforzo e traballo diarios. O meu pai, Ramón Rodríguez, fundou o restaurante en 1973 e sempre primou a calidade do produto por encima de todo; nós seguimos mantendo esta premisa”, afirma Susana Rodríguez, a actual xerente.

Este Certificado de Excelencia sitúa ao Restaurante Rocamar como un espazo culinario destacable non só na comarca do Val Miñor, senón tamén en Galicia e máis aló da Comunidade, por iso é polo que entre os seus comensais figuren nomes como Julio Iglesias, Emilio Aragón, Michel Salgado ou Gustavo López, que recentemente estiveron no establecemento.

Plus de confianza

Con máis de 500 millóns de opinións e sete millóns de perfís de negocios, TripAdvisor entrega este premio desde fai sete anos, permitindo aos usuarios identificar aqueles negocios hostaleiros que ofrecen unha atención reseñable. Para iso, as empresas rexistradas nesta web deben manterse nunha puntuación mínima xeral de catro puntos sobre cinco, así como obter un número mínimo de opinións, como ocorreu co Restaurante Rocamar.

Anuncios