A coñecida e xa tradicional “árbore vermella” de Gondomar será a protagonista do acto de inauguración da iluminación do Nadal do municipio, que se celebrará mañá domingo 6 de decembro, a partir das sete da tarde, nun acto que terá como escenario a rotonda da Avenida de Elduayen, na que está situado esta árbore que cada ano alúmase con preto de 36.000 leds.
O concello poñerá así en marcha o seu programa de actividades “co que queremos dar a maior normalidade a este Nadal do 2020, que sen dúbida será diferente polas circunstancias que vivimos, aínda que desde o goberno traballamos para manter a ilusión e a maxia de sempre”, sinalou o alcalde, Paco Ferreira.
Recupera así Gondomar a programación e actividades previstas suspendidas tras decretarse tres días de loito polo asasinato de Soledad Rey Valverde, vítima de violencia machista.

