Convocan unha concentración na Ramallosa polo asasinato machista en Mañufe

O Comando Ghichas e Area Loura convocan novamente unha concentración na Ramallosa o venres 4 ás 20:00 horas para berrar contra a violencia machista tras o asasinato de Soledad Rey Valverde a mans do seu ex marido en Mañufe- Gondomar. Con estas concentracións queren algo máis que visibilizar e condenar os asasinatos machistas e amosar a súa dor e rabia, tamén esixir que se tomen medidas contundentes tanto no eido da educación e a concienciación como na revisión dun sistema de prevención e protección ás vítimas claramente ineficaz.