Incendio nunha casa de San Cibrán en Donas

FOTO: POLICÍA LOCAL DE GONDOMAR // Incendio en San Cibrán.

Un incendio declarado no interior dun garaxe provocou que a construción ardese por completo, sen que se rexistrasen danos persoais. Sucedeu en Gondomar, no lugar de San Cibrán e, segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a causa do incendio foi unha tixola esquecida ao lume nunha cociña.

Foi unha persoa particular quen alertou do incendio ao 112 Galicia ás 18:25 horas deste xoves. A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso ao GES do Val Miñor, aos Bombeiros do Porriño, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil. Segundo puido saber o 112 Galicia, o incendio quedou sufocado preto das 20:00 horas.

Anuncios