A Garda Civil detén a un veciño de Baiona por tráfico de drogas

A Garda Civil detivo a un veciño de Baiona acusado dun presunto delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas. A investigación levada a cabo por efectivos da Garda Civil do Posto de Baiona, iniciouse tras detectar a venda de substancias a diferentes consumidores habituais, e que estas poderían ter a súa orixe nun domicilio da citada localidade.

O pasado mércores efectuouse unha entrada e rexistro autorizado pola autoridade xudicial, sendo intervidas as seguintes substancias: 30 dose de heroína, 13 doses de cocaína, 2 doses de haxix, 35 pastillas de metadona e 3 pastillas de “tranquimacín”. Tamén se interveu unha báscula de precisión.

O detido, de 57 anos, xunto coas substancias intervidas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución número Catro de Vigo, en funcións de garda, quen decretou a súa liberdade con cargos, coa obrigación de comparecer cando sexa citado.