Podemos Nigrán e Baiona participan nun vídeo contra a violencia de xénero

Os Círculos de Podemos Nigrán e Podemos Baiona participan con diferentes Círculos de Galicia na creación dun vídeo en contra da violencias de xénero. Co motivo do Día Internacional da Loita contra as Violencias Machistas, diversos Círculos de Podemos Galicia elaboraron un vídeo enfocado na concienciación das distintas violencias que se exercen contra a muller, incidindo dende unha óptica distinta ao resto de campañas que se teñen feito. Buscan así a toma de consciencia plena por parte dos homes na hora de asumir a súa responsabilidade na hora de implicarse na erradicación da violencia machista. “A erradicación desta lacra ten que comezar por unha aprendizaxe dende a igualdade que permita plantar cara as violencias cotiás tan arraigadas, deixando xa de normalizalas. Xuntas e xuntos podemos e debemos confrontar esta realidade”, declaran.