Comercios, clubs deportivos e colexios tínguense de negro en Gondomar

Un ano máis o comercio local de Gondomar súmase á campaña “En negro contra as violencias”, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Carteis con diferentes mensaxes contra a violencia que permanecerán nos seus escaparates durante toda a semana, e mandís que identificarán aos comerciantes nesta loita de toda a sociedade.

Todos eles xunto os clubs deportivos, centros escolares de Gondomar súmanse unha edición máis ás actividades programadas dende o Concello que terán mañá, mércores 25N, o acto central ás 12:00 do mediodía coa lectura do manifesto e un minuto de silencio en memoria das vítimas mortais da violencia machista, que se pechará cunha performance de danza creada para a ocasión.