A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro de Información á Muller, pon en marcha o programa “Emprégate desde a Igualdade” para mellorar a inserción socio laboral das mulleres. Esta iniciativa, promovida de forma conxunta co Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades, busca incrementar a empregabilidade das mulleres mellorando as súas expectativas e a súa calidade de vida. Esta mañá púñase en marcha o programa no Centro Multiusos Ángel Bedriñana. O Alcalde, Carlos Gómez Prado, e a Concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, deron a benvida ás primeiras participantes.
Dirixido a 16 mulleres desempregadas, o programa desenvolverase de forma presencial en dous grupos a través dun itinerario integrado e personalizado, con accións de apoio e acompañamento ao proceso de inserción laboral. Co fin manter as medidas de prevención ante a COVID19 e atendendo ás necesidades de conciliación familiar e persoal das participantes, establecéronse que os dous grupos asistirán de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 horas.
Mediante o traballo grupal participativo e titorías individuais, o programa consta de varias fases, unha inicial onde se fomenta a autoestima e confianza das participantes para que se convertan en protagonistas do seu propio proceso de inserción, xunto a unha segunda ao redor de información e asesoramento para definir o perfil profesional, expectativas e oportunidades. A formación é o eixo da terceira fase que se vinculará ao perfil académico das participantes e ás demandas do mercado laboral. Todo iso, xunto a unha cuarta fase de procura de emprego para maximizar as oportunidades.
Entre os obxectivos deste programa atópase fomentar a empregabilidade das mulleres a través da cualificación para o emprego, potenciar a súa autonomía persoal e económica e promover a participación social e redes de apoio entre as participantes.

