O PP de Nigrán propón destinar 400.000 € para axudas a Autónomos, Pemes e Artistas

O PP de Nigrán presentará no próximo pleno do día 30 de novembro, unha moción para instar o goberno municipal a que active un plan de axudas a Autónomos, Pemes e Artistas por valor de 400.000 €. A diferenza de moitos Concellos de Galicia, Nigrán non presentou ningún plan de axudas aos sectores máis afectados pola pandemia, o único compromiso foi reducir un 75% as taxas de terrazas, pero a día de hoxe nin sequera esa redución tramitouse adecuadamente.

Hai preto de 600 entidades entre empresas, autónomos e artistas en Nigrán que durante a pandemia víronse reducida a súa actividade dunha forma notable, o que pode supoñer que preto de 2000 traballadores poidan sufrir as consecuencias, o que sería un problema social incalculable. O pasado 20 de outubro o Congreso dos Deputados aprobou a suspensión das regras fiscais para os anos 2020 e 2021, o que permite aos concellos usar os seus remanentes, que no caso de Nigrán chega a 9 millóns, o que invalida para os populares calquera escusa administrativa ou orzamentaria para poñela en marcha.

As axudas consistirían en achegas de 1.000, 1.500, 2.000, 2.500, 3.000 € segundo a importancia das perdas e o tamaño da empresa, priorizando ás entidades máis necesitadas. “Non facer nada por axudar a estas familias, non é unha opción ética para calquera goberno municipal cos recursos como ten Nigrán”, conclúe Carlos Abal, portavoz do PP.