Gondomar inicia unha campaña para que ningún neno quede sen agasallo este Nadal

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Benestar Social e coa colaboración da “Asociación de Mulleres Rurais de Gondomar”, pon en marcha unha campaña de solidariedade para garantir que ningún nena ou neno do municipio quede sen agasallo este Nadal. Son moitas as familias que o están a pasar mal debido ás consecuencias desta pandemia, na que a cativada amosounos a súa forza e o seu espírito de heroes. Pensando neles, o goberno local chama a colaborar doando a cantidade que cada quen poida para poder garantir que recibirán o seu agasallo e manter viva a súa ilusión nestas festas. “1, 2, 5, 10 euros… O que poida achegar cada quen. Entre todos debemos manter viva a maxia para os cativos/as nunha situación máis vulnerable”, afirma o alcalde, Paco Ferreira. Todos aqueles que queiran contribuír poden facelo realizando a súa achega na conta ABANCA ES53 2080 5035 0230 4000 9345, indicando no concepto “Gondoilusión”, do 16 de novembro ao 13 de decembro. Máis información no teléfono 986 384 473 ou no correo electrónico educadorafamiliar@concellodegondomar.gal.